En busca da blindaxe das pensións
A Mesa Estatal por el Blindaje de las Pensiones (MERP) reúnese este xoves coa Valedora do Pobo de Santiago, unha das 8 reunións que se celebrarán por todo o Estado.
Imaxe: MERP
A Mesa Estatal por el Blindaje de las Pensiones (MERP) reúnese este xoves coa Valedora do Pobo en Santiago de Compostela. Será unha das 8 reunións que se desenvolverán nos próximos días por todo o Estado, con diferentes Defensorías do Pobo autonómicas.
A plataforma persegue recoller dous millóns de firmas para blindar as pensións na constitución, converténdoas en "un dereito fundamental" en lugar e "un dereito orientativo ou un expectativa de dereito como son actualmente", segundo explicaron nun comunicado.
Ata agora mantiveron varios encontros con representantes da cidadanía de varias comunidades e conseguiron que o Defensor do Pobo de Navarra trasladase a petición de respaldo á blindaxe constitucional ao Parlamento de Navarra, "que tras varias reunións dos grupos parlamentarios con representantes da MERP, aprobaron por maioría de practicamente todos os grupos", sinalan.
Entre o mércores 6 e o xoves 8, a MERP reunirase con defensorías do País Vasco, Aragón, Comunidade Valenciana, Castela e León, Cataluña, Andalucía, e, o xoves ás 11.00h, de Galicia.
Escribe o teu comentario