Chévere, agora en libro, grazas a Kalandraka

A máis popular das compañías galegas de teatro dá o salto ao mundo do libro. Faio estreando colección da man de Kalandraka, quizais a editorial galega con máis peso fose do país.



|

A máis popular das compañías galegas de teatro dá o salto ao mundo do libro. Faino estreando colección da man de Kalandraka, quizais a editorial galega con máis peso fóra do país.



Chu00e9vere presentando ou Music.gal   3088813475

Music.gal, obra de Chévere / Dorfun Wikimedia


Así, Xesús Ron e outros actores integrantes do Grupo Chévere presentarán os primeiros tres volumes de a colección Biblioteca de Teatro o vindeiro sábado no marco a SELIC, que se está desenvolvendo na Praza da Quintana de Santiago.  Os volumes de “Río Bravo”, “ Annus Horribilis” e “Eroski Paraíso”, tres das obras máis coñecidas dos comediantes,  serán os protagonistas dun acto no expositor da librería O Faro dos Tres Mundos na feira do libro do Concello de Santiago.


Kalandraka explica que ao impulsar o salto de Chévere á letra impresa tras  30 anos de traxectoria sobre os escenarios pretende documentar o teatro “feito a pé de escenario” e poñer "a disposición do público as súas obras completas".  Chévere asinará exemplares das súas obras ao final do evento, que empeza ás 13:30 e está estimado que dure unha hora.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE