Ordes aproba unha moción para esixir máis distancia entre eólicos e poboacións
A moción expón que a potencia dos eólicos cando foi aprobada a lexislación era de 660 W, fronte aos 3,465 MW actuais, e que os aeroxeradores teñen agora "unha altura de torre, un diámetro rotor e un impacto moito maior"
O concello de Ordes aprobou a moción para esixir á Xunta de Galicia un incremento das distancias entre os eólicos e os nucleos poboacionais.
A moción, presentada polo BNG, busca a declaración dos concellos de Frades, Mesía, Ordes e Oroso como "territorios libres de parques eólicos". Buscan con isto un "incremento considerable" das distancias entre os aeroxeradores das poboacións, "que na actualidade está fixada en 500 metros".
O escrito argumenta que, cando se aprobou a lexislación en vigor, a potencia dos eólicos que se instalaban era de 660 KW, mentres que os aeroxeradores que se pretenden instalar teñen unha potencia de 3,465 MW, "os cales teñen unha altura de torre, un diámetro rotor e un impacto moito maior".
Escribe o teu comentario