Ata 50 quilómetros para combater o colesterol e logo callos

O Concello de Boqueixón acollerá novamente a Ruta do Colesterol, que este ano chega á súa oitava edición. Esta proba de fondo terá lugar o próximo 16 de xuño e ofrecerá un percorrido de 50 quilómetros, aínda que se poden realizar as variantes de 10 ou 25 quilómetros.



|

O Concello de Boqueixón acollerá novamente a Ruta do Colesterol, que este ano chega á súa oitava edición. Esta proba de fondo terá lugar o próximo 16 de xuño e ofrecerá un percorrido de 50 quilómetros, aínda que se poden realizar as variantes de 10 ou 25 quilómetros.



Sendeirismo ruta colesterol boqueixon

Participantes na ruta de 2013


A organización informa que as inscricións deberán formalizarse deberán formalizarse a través de a web. Tras cubrir o formulario deberase realizar o ingreso correspondente. Todas aquelas inscricións realizadas antes de 31 de maio gozarán dunha redución no prezo (10 euros para federados e 13 para non federados). Para aquelas persoas que se inscriban entre o día 1 e o 14 de xuño, o prezo será de 15 euros.


PERCORRIDO CIRCULAR VISITANDO FERVENZAS

A VIII Ruta do Colesterol discorrerá principalmente por camiños non asfaltados. O itinerario de carácter circular ofrecerá aos participantes a posibilidade de visitar ata seis fervenzas: dous na parroquia de Donas, a do río Pontillón, Codeso, Vigo e Vilar.


O punto de encontro será a Casa da Cultura de Camporrapado, onde se poderán recoller os dorsais a partir das 08.15 horas. A saída terá lugar ás 09.00 horas. Segundo explican desde a organización, “o primeiro quilómetro será neutralizado para todos os participantes polas rúas de Camporrapado”, polo que “non haberá marcas nin sinais de ningún tipo”.


Distribuiranse un total de seis postos de avituallamento durante todo o percorrido. Neles haberá auga, bebidas isotónicas, froita, bocadillos, empanadas, snacks e demais. Os distintos puntos distribuiranse da seguinte maneira:



  • Primeiro avituallamento: Subcira (km 10)
  • Segundo avituallamento: Pico Sacro (km 19,5)
  • Terceiro avituallamento: Rodiño (km 25)
  • Cuarto avituallamento: Vigo (km 33,5)
  • Quinto avituallamento: Gastrar (km 38,5)
  • Sexto avituallamento: Prevediños (km 44.5)


O percorrido deberá realizarse camiñando nun máximo de 12 horas e nun mínimo de 8. Haberá retencións en todos os puntos de avituallamento, que funcionarán tamén como controis. Os tempos mínimos e máximos estarán dispostos nos cartóns de control que se lles entregarán a cada un dos participantes nesta proba.


Todas aquelas persoas que consigan completar os 50 quilómetros no tempo establecido, recibirán un diploma acreditativo valedeiro para a Copa Galega de Andainas de 50 kms. Para os que non a consigan completar, entregaráselles un diploma de participación no que se especificarán os quilómetros realizados e o tempo empregado.


LOXÍSTICA PARA DESPOIS DA PROBA

Ao finalizar a proba, ofrecerase un servizo de duchas para os participantes. Como en anteriores edicións, celebrarase unha gran merenda-cea cos tradicionais callos e realizarse un sorteo de agasallos.


Desde o Concello de Boqueixón animan á veciñanza e amantes dos deportes ao aire libre a participar nesta xornada.  A administración destaca que ademais de seguir uns hábitos de vida saudable poderán coñecer as fermosas paisaxes naturais do municipio boqueixanés. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE