A CNMV outorga a súa certificación a un máster galego sobre o mercado financeiro
Primeiro máster en Galicia con certificación da Comisión de Nacional do Mercado de Valores. Impárteo a Universidade da Coruña e denomínase Máster Universitario en Banca e Finanzas.
Primeiro máster en Galicia con certificación da Comisión de Nacional do Mercado de Valores. Impárteo a Universidade da Coruña e denomínase Máster Universitario en Banca e Finanzas.
Anxo Calvo
Segundo explica esta institución, desde hai uns meses rexe a nova normativa europea MiFIDII que esixe unha formación específica ás entidades financeiras para informar e asesorar en produtos e servizos financeiros co obxectivo de mellorar a transparencia e a supervisión dos mestrados financeiros e reforzar a protección do investidor e as normas de conduta.
.OFERTA DA FACULTADE DE ECONÓMICAS DA UDC
A Facultade de Economía e Empresa conta cunha oferta formativa de posgrao con másteres en Contabilidade Superior e Auditoría de Contas, (único en Galicia homologado polo Instituto de Contabilidade e Auditoría de Contas do Ministerio de Economía); e o de Dirección e Administración de Empresas, MUDAE- MBA. Durante o próximo curso prevese lanzar o Máster Interuniversitario en Economía, impartido polas tres universidades galegas que terá unha dobre versión de investigación e consultoría económica.
Segundo datos facilitados polo decano, Anxo Calvo, sobre o 80 por cento dos alumnos que superan estes títulos superiores logra un emprego.
Escribe o teu comentario