Un mozo membro de Down Compostela faise coa primeira praza para persoas con discapacidade do Parlamento

Elías Ledo Vázquez, un novo membro de Down Compostela, de 29 anos, conseguiu unha praza de ujier no Parlamento de Galicia, a primeira praza para persoas con discapacidade intelectual do organismo.

|


Parlamentogallego


Elías Ledo Vázquez, un mozo membro de Down Compostela, de 29 anos, conseguiu unha praza de ujier no Parlamento de Galicia, a primeira praza para persoas con discapacidade intelectual do organismo.


Segundo indicou Down Compostela, o mozo comezou a preparar oposicións no ano 2012 e centrouse nesta convocatoria no momento en que foi feita pública, iniciando os seus estudos en setembro de 2017.


O proceso selectivo, ao que se presentaron máis de 200 persoas de toda Galicia, estaba reservado a persoas que acreditasen unha discapacidade intelectual e tiña por obxecto impulsar a inserción laboral do colectivo.


Tras coñecer a noticia, Elías mostrouse "moi contento por conseguir este traballo", que lle permitirá avanzar na súa loita por levar unha vida "máis autónoma e independente", dixo Down Galicia. 


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE