A Coruña logra o aval técnico para baixar o prezo do transporte público
A concesionaria de transporte da cidade da Coruña leva prestando o servizo desde 1986, sen nin sequera gañar un concurso. O goberno da Marea sinala que hai "indicios" dunha "posible sobrecompensación en favor da empresa" máis aló do "beneficio razoable".

Ante isto, o alcalde comprometeuse a "impulsar" unha rebaixa nas tarifas do transporte público urbano, así como a levar a cabo unha serie de "avances" no servizo.
CO APOIO DA CNMC
Nun comunicado, o rexedor coruñés, Xulio Ferreiro, asegura que a decisión está "referendada" pola Comisión Nacional dos Mercados e da Competencia (CNMC) que en un informe publicado esta semana "ratifica a folla de ruta emprendida polo goberno local", sinalan desde o Consistorio.
O informe responde a unha consulta formulada no principio do ano, no curso do expediente de revisión da tarifa do transportepúblico urbano que tramita o executivo municipal.
Sobre esta consulta, o alcalde asegura que se realizou ao entender "que era necesario que as tarifas e a prestación de servizos á cidadanía adaptásese aos principios de beneficio razoable parala empresa concesionaria". Tamén argumenta que o informe "avala" a revisión das condicións económicas establecidas na concesión.
Escribe o teu comentario