Gadisa crece un 3,7% no último ano, con máis de 320 novos postos de traballo
Co aumento de persoal, a empresa rexistrou un crecemento da súa cifra de negocio do 3,7%, o que se traduce nun volume de negocio de 1.140 millóns de euros, segundo fixeron público este luns.
Gadisa vén de presentar as súas cifras do exercicio de 2017, período no que superou por primeira vez a barreira das 7.000 empregadas. A compañía xerou un total de 321 postos de traballo directos, situandose así con 7.212 traballadoras.
Co aumento de persoal, a empresa rexistrou un crecemento da súa cifra de negocio do 3,7%, o que se traduce nun volume de negocio de 1.140 millóns de euros, segundo fixeron público este luns.
A compañía expón que experimentou un incremento de máis de "8.250 metros cadrados na superficie de establecementos propios", e 1.200 metros cadrados con "a incorporación de 12 novas franquías".
Así mesmo, destacan a achega de Gadisa ás arcas públicas "con 112.62 millóns de euros en 2017", dos cales preto de 73 "computaron no apartado de impostos e tributos", mentres que ao redor de 40 "corresponderon a cotizacións sociais".
Entre os investimentos do grupo, destaca a apertura de seis supermercados Gadis en Galicia e Castela e León e tres melloras de establecementos en ambas as comunidades, cun investimento de 15,42 millóns de euros.
Escribe o teu comentario