Snob e insurrecta, así era María Victoria Moreno


Galiciapress habla con Pedro Ferriol, el viudo de la protagonista por el Día de las Letras . Una mujer que nos años 70 en Galicia se atrevía a hablar de drogas y feminismo.


|


Galiciapress fala con Pedro Ferriol, o viúvo da protagonista polo Día das Letras . Unha muller que nos anos 70 en Galicia era quen de falar de drogas e feminismo.



DSC 0054

Ilustración sobre María Vitoria Moreno / Eva Neira C.


Hai uns días acudía a presentación dunha campaña polo Día das Letras Galegas 2018, unha celebración que este ano me suscita especial interese. A homenaxeada é só a cuarta muller á que se lle dedica este día, despois de Rosalía de Castro, que inaugurou a lista alá por 1963; Francisca Herrera, en 1987; e María Mariño, en 2007.




María Vitoria Moreno convértese na autora que (parece que) comeza a reducir as esperas de 20 anos para recoñecer de novo a traxectoria dunha galega, aínda que non era galega.


Con unha preciosa mestura de galego con acento cubano, o viúvo de Moreno, Pedro Ferriol, falaba da muller coa que compartiu parte da súa vida, daquela muller “todoterreno” e polifacética que chegou a Galiza con 24 anos despois de licenciarse en Filoloxía Románica, para impartir clases no instituto feminino de Pontevedra, agora Valle Inclán.


Por aquel entón, María Victoria ensinaba latín e francés xa que, como destaca Ferriol, era unha muller políglota que coñecía preto de 7 linguas. Ata 1965, cando xa levaba dous anos en Pontevedra, non foi cando Moreno coñeceu realmente o galego. Trasladouse ao instituto masculino de Lugo, e foi alí onde, nas palabras do seu viúvo, “empezouse a namorar desta terra, das súas xentes, e, sobre todo, da súa lingua”.


Nas palabras de Pedro entrevese a María Victoria. Non só na forma de falar ou cando entorna os ollos ao recordala. No seu castelán cubano repite palabras como Galiza, lingua, terra, nenos y xóvenes. “Naqueles anos da dictadura, a lingua galega era a lingua dos pobres, era unha lingua marxinada, e ela comezou a estudala cos seus propios alumos nas horas de recreo, depois de saír de clase…”. 


Alí, no Instituto Masculino de Lugo naceu o aquela paixón de María Victoria tan repetida nas homenaxes á autora: o encontró con Galiza e a súa lingua foi unha cuestión de amor.


“María Victoria foi unha muller adiantada ao seu tempo. Desde un inicio –estamos falando dos annos 70 e 80-, cando non se falaba de feminismo, das cuestión de drogas, non se trataban os temas de discriminación racial, ela xa trataba algúns deses temas nos libros”.


Os calificativos de Ferriol contanse por ducias. Roubándolle a expresión a unha escritora, o cubano falou de María Victoria como a nai da literatura infantil e xuvenil en galego. Tamén foi unha mestra atípica, “rompeu moldes, non foi convencional á hora de impartir clases”. Moreno buscaba que os seus alumnos namorasen da personaxe, que vivirán como súas as experiencias das protagonistas.


Snob e insurrecta. Así se catalogaba ela mesma. Unha persoa marabillosa, humilde, amiga dos seus amigos, unha gran nai, unha gran esposa. Así falaba o seu viúvo.



A mestra, escritora, traductora, conferenciante, ensaísta, poetisa e libreira María Victoria Moreno recupera en 2018 o seu importante papel na historia da literatura galega, depois de que tra-lo seu falecemento, como confesa triste Pedro Ferriol, deixáronse de ler os seus libros. María Victoria Moreno regresa para, unha vez máis, poñer en boca de todas as mulleres galegas, aínda que non era galega.


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE