A unidade mixta Roche - CHUS rexistra dúas patentes en dous anos
"Co rexistro destas dúas patentes en tan pouco tempo superáronse de lonxe as expectativas previstas, xa que o normal nun laboratorio destas características sería conseguir a primeira a partir dos cinco anos", explicou o xefe de Oncoloxía do CHUS, Rafael López López.
Investigadora da unidade mixta | Imaxe: Roche - CHUS
O Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela (CHUS) e a unidade mixta de Roche Farma rexistraron dúas patentes desde a súa creación hai dous anos. A primeira das patentes pertence á área da nano tecnoloxía, mentres que a segunda céntrase na biopsia líquida con células.
"Co rexistro destas dúas patentes en tan pouco tempo superáronse de lonxe as expectativas previstas, xa que o normal nun laboratorio destas características sería conseguir a primeira a partir dos cinco anos", explicou o xefe de Oncoloxía do CHUS, Rafael López López. Para o doutor, a creación desta unidade, a primeira dedicada á investigación sanitaria formada por un hospital e unha compañía farmacéutica, "supón un paso decisivo para o estudo dos tumores".
A unidade céntrase no cancro de mama e próstata, e busca mellorar o diagnóstico, tratamento, avaliación e monitoraxe destas enfermidades. O xefe de Oncoloxía confía en que a investigación está a mellorar "as expectativas e a calidade e vida dos pacientes a través da oncoloxía de precisión".
<strong>Investigadoras da unidade mixta | Imaxe: Roche - CHUS</strong>
As PATENTES
Como explica a unidade mixta nun comunicado, a área da biopsia líquida "céntrase no illamento e caracterización das CTCs (células tumorales en circulación) e o material xenético tumoral presente en circulación como ferramenta para a procura de biomarcadores de prognóstico e respuest, resistencia a terapias e dianas terapéuticas".
Por outra banda, a nano-oncoloxía baséase en compostos biocomptibles e biodegradables "para a formulación de nanopatículas con propiedades específicas", que axudarían a entender os procesos metastáticos en cancro de próstata e mama, ademais de "crear novos nanosistemas que axuden a mellorar as actuais ferramentas empregadas en biopsia líquida".
Escribe o teu comentario