O alcalde de Pontevedra pode volver presentarse saltándose os estatutos do seu partido
"Establécese un límite de tres mandatos consecutivos na mesma función a partir da décima asemblea, tanto no que se refire a cargos orgánicos como institucionais". Este é o punto 12.7 de osestatutos vigintes do Bloque. Normas que, polo escoitado hoxe á líder da fronte, non impedirán que o exitoso alcalde do BNG volva presentarse.
"Establécese un límite de tres mandatos consecutivos na mesma función a partir da décima asemblea, tanto no que se refire a cargos orgánicos como institucionais". Este é o punto 12.7 de os estatutos vigintes do Bloque. Normas que, polo escoitado hoxe á líder da fronte, non impedirán que o exitoso alcalde do BNG volva presentarse.
Fernández Lores
Así, a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, defendeu que o nacionalista Miguel Anxo Fernández Lores volva presentarse á Alcaldía de Pontevedra para aspirar a un sexto mandato, o que considera unha "boa noticia" polo seu modelo de "éxito".
"Non vexo aos grandes equipos fútbol dicindo cada tempada que teñen que renovar aos seus mellores xogadores", sostén Ana Pontón a preguntas sobre a limitación de mandatos.
Pontón ve a Lores un "referente no BNG", por "poñer a Pontevedra en forma", con "un modelo de transformación exitoso".
APLAUSOS A LORES
Así, considera que o alcalde de Pontevedra demostra que "desde o BNG" hai "proxectos transformadores que melloran a vida da xente e permiten ser referente a nivel internacional sobre os debates en reformas urbanas".
"Cando temos algo que funciona e temos a persoas capacitadas á fronte non imos ser nós quen lle diga a estas persoas que non sigan traballando para mellorar Pontevedra", asegurou.
Escribe o teu comentario