Tenda de delicatessen galegas capta 166.000€ a través de Internet

Un comercio virutal galego acaba de conseguir máis de 166.000 euros de capital a través dunha plataforma en liña especializada en financiar proxectos con impacto social.


|

Un comercio virutal galego acaba de conseguir máis de 166.000 euros de capital a través dunha plataforma en liña especializada en financiar proxectos con impacto social.



A casa de aldea


Trátase de de A Casa da Aldea, que se define nunha nota de prensa como un "e-commerce gourmet para os amantes da alimentación sa e sustentable, que permite levar o luxo alimentario da aldea a calquera recuncho de España". A través de Bolsa Social, captou un capital de 166.894 euros de 54 investidores, que apostaron polo seu modelo de negocio, cun investimento medio de 3.090 euros.


O perfil de investidor maioritario na Casa da Aldea ten 46 anos de media e reside principalmente en Madrid e Galicia. Ademais de España, de onde procede a maioría, dúas dos investidores desta campaña son de Reino Unido e Luxemburgo.


Para José Luis Gómez, CEO da Casa da Aldea, “os investidores demostraron o seu compromiso e aposta decidida polo noso proxecto, que supoñerá un importante avance en canto a mellora e profesionalización da xestión. Cremos que atopamos a mellor plataforma posible para levar a cabo a rolda de investimento e nos parece que o perfil dos investidores incorporados e a visibilidade conseguida confírmao”.


Desde  A Casa da Aldea explican que no último ejercició facturaron 56.000 euros e ao longo deste 2018 estiman "triplicar as súas vendas e chegar a 1.000 novos consumidores". O e-commerce conta con "200 obras gourmet elaboradas por máis de 70 autores". No comercio pódense atopar produtos típicos do noso campo, como patacas, ou elaborados tradicionais, como sobremesas.


Como todos os proxectos que se financian a través de Bolsa Social,  A Casa da Aldea ten unha vertente social, neste caso  reducir "de 5 pasos a 1 a cadea tradicional de distribución alimentaria" limtando de paso  a cantidade de envases.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE