A Xunta manifesta o seu compromiso de preservar o patrimonio do Centro Gallego de Buenos Aires

O pasado mes de abril, representantes dos socios debateron en asemblea a venda do inmoble, así como a cesión o servizo de asistencia médica que ofreceu o centro aos seus afiliados.

|



O conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, trasladou o "compromiso" do Executivo con "preservar o patrimonio cultural, artístico e bibliográfico" que acolle o Centro Galego de Buenos Aires, e remarcou que "segue de preto todo o proceso" no que está inmerso para "ir actuando segundo proceda en cada momento".


Neste sentido, explicou que a Xunta mantén "contactos ao máximo nivel" co Goberno de Arxentina e que, en todo caso, "respéctanse as negociacións" que, neste momento, manteñen os propietarios cos interesados en adquirir o centro respecto da xestión do devandito patrimonio cultural.


En calquera caso, Rodríguez garantiu que "Galicia estará á altura das circunstancias" para "preservar e manter este rico legado cultural" que "atesouraron" os emigrantes a Arxentina.


O conselleiro, xunto co secretario xeral de Emigración, Antonio Rodríguez Miranda; e o secretario xeral de cultura, Anxo Lorenzo; entre outras autoridades, mantiveron unha reunión co embaixador español en Arxentina, Sandomingo Núñez, e co conselleiro de Emprego, José Luis Mira Lema, para "consolidar a cooperación" entre as institucións.


Así mesmo, mantiveron un encontro con representantes do Centro Galego de Buenos Aires para interesarse pola situación da entidade. Rodríguez Miranda incidiu na "importancia deste legado cultural que, a pesar de ser propiedade dunha entidade privada e estar rexido por leis arxentinas, posúe un gran valor sentimental para Galicia".


"E así o reflectiu o Parlamento de forma unánime co apoio ao manifesto que aposta pola conservación destes bens", esgrimiu.


Finalmente, tras as reunións institucionais, as autoridades galegas visitaron a Asociación Galega de Residentes de Mos, que celebra o seu centenario, así como o Centro Lalín, Agolada e Silleda.


O CENTRO GALEGO

No ano 2006 o Goberno arxentino autorizou a creación da Obra Social Ospaña, formada polo Centro Galego, a Xunta de Galicia e o Goberno de España co fin de reactivar o centro. O pasado mes de abril, representantes dos socios debateron en asemblea a venda do inmoble, así como a cesión o servizo de asistencia médica que ofreceu o centro aos seus afiliados.


En receso ata o día 8 de maio, a asemblea puxo en marcha o proceso de venda. A representación da Xunta e o Goberno no directorio da Obra Social, creada para salvar o centro, aceptou unha reforma estatutaria para deixar de lado o Centro Galego da obra Ospaña, considerada polos socios do centro como a única salvación para continuar tendo atención sanitaria.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE