Gadis lanza unha nova campaña de recollida de alimentos en 190 establecementos

|

GADIS PRESENTACIu00d3N MAIO SOLIDARIO


Durante todo o mes de maio, Gadis pon en marcha a súa nova campaña de recollida de alimentos en 190 supermercados de Galicia e Castela e León. A compañía, que impulsa o movemento 'Maio solidario' desde 2013, suma a súa propia doazón para incrementar a cantidade de comida que se repartirán entre 12 bancos de alimentos. 


Supermercados Gadis espera superar os case 163.000 quilogramos de alimentos recollidos no exercicio de 2017 nunha campaña que busca "resaltar a importancia de colaborar con entidades sociais que a diario atenden aos menos favorecidos". 


Para garantir a seguridade alimentaria, a cadea convida á súa clientela para depositar unicamente produtos non perecedoiros nos 190 establecementos do grupo. As entidades beneficiarias da recollida son os bancos de alimentos de Rías Altas (A Coruña, Santiago, Ferrol), Vigo, Lugo, Ourense, Valladolid, Salamanca, León, Ponferrada, Palencia, Ávila, Zamora e o Banco Veciñal de Teo. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consello editorial
Powered by Bigpress