Presumido celebra o aniversario do seu primeiro disco en Vigo

Vendetta, o primeiro LP de Presumido, celebra o seu primeiro ano en La Fábrica de Chocolate de Vigo. Convidámosche a coñecer as súas cancións.


|


Vida 1


Os galegos Tarci Ávila e Nacho Dafonte forman Presumido, un grupo de electro/synthpop coidadoso tanto coa súa música como coa súa posta en escena. Este venres 4 de maio La Fábrica de Chocolate de Vigo acollerá un elaboradísimo espectáculo de música, luces e visuais para celebrar o primeiro ano do LP Vendetta, a súa ópera prima como dúo.


Unha ponte entre a música electrónica do pasado e do presente. Así define Presumido o Synth Pop 2.0 que fan e co que se propoñen chegar a territorios musicais nos que o pop en castelán, na súa vertente máis electrónica, xamais se meteu. Mesturan estilos clásicos do xénero, como Depeche Mode ou Kraftwek, con referencias contemporáneas como M83, Moderat ou Daft Punk.



Tarci Ávila (O Barco de Valdeorras, 1987) e Nacho Dafonte (Vigo, 1993) formaron parte de proxectos musicais como Aerolíneas Federales, Eladio y Los Seres Queridos, The Blows ou Villanueva, entre outros, e Vendetta foi premiado como Mellor Disco de 2017 pola revista Mondo Sonoro Galicia/Castela e León, ademais de ser incluído nos ránkings dos mellores álbums por diferentes plataformas e medios como Spotify, Yes We Pop ou O Quinto Beatle.


Presumido regresa da súa xira por España e Francia para unir música, iluminación, escenografía, visuais, pintura e filosofía en Vigo. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE