López gaña as eleccións a reitor da USC nas que votou menos do 20% do censo

Á segunda foi a vencida. Antonio López derrota a Juan Viaño gañado en todos os grupos do censo da Universidade de Santiago.Iso si, a participación volveu ser paupérrima.


|

Candidatura Antonio López USC



Á segunda foi a vencida. Antonio López derrota a Juan Viaño gañado en todos os grupos do censo da Universidade de Santiago.Iso si, a participación volveu ser paupérrima.


O catedrático de Dereito Financeiro Antonio López --Barreiros (Lugo), 1964-- será o novo reitor da Universidade de Santiago de Compostela (USC) tras obter máis do 60% do voto ponderado --a falta do reconto en dúas mesas de 25--, fronte ao seu adversario e actual responsable da institución, Juan Viaño.

Deste xeito, Antonio López converterase en reitor no seu segundo tento catro anos despois de perder as eleccións de 2014 nas que gañou Viaño por escasa marxe.


PROMESAS DO NOVO REITOR

Antonio López propuxo un "cambio de rumbo" na USC baixo o lema de campaña 'Xa!', con atención á contratación e estabilización do profesorado, melloras laborais, abrir as portas a alumnos estranxeiros e apostar por facer os graos máis atractivos.

A proclamación provisional do reitor electo producirase o 26 de abril, cun prazo entre o 27 e o 2 de maio para a presentación de recursos ante a Comisión Electoral. A proclamación definitiva será o 7 de maio.

"CAMBIAR As FORMAS DE FACER As COUSAS"


En declaracións a Europa Press unha vez coñecido que será o futuro reitor da USC, Antonio López agradeceu o "respaldo moi importante de todos os sectores" conseguido, o que lle dá "moita forza para seguir adiante", aínda que recoñece que este posto ten "moita responsabilidade".

"Temos a sensación de que acertamos na proposta que fixemos", reflexiona. Así, sobre as primeiras accións que levará a cabo unha vez que tome posesión como reitor atópase o "tema clave" de "cambiar as formas de facer as cousas" e "tomar decisións", co fin de "integrar a todo o mundo".

Entre as súas prioridades unha vez póñase á fronte da institución está elaborar un plan de persoal para a recuperación de emprego e dereitos de docentes e PAS, aínda que non será "dun día para outro", pois se fará "con responsabilidade" para realizar unha correcta xestión económica e "pensando sempre no mellor da universidade".

GAÑA NAS CATRO CATEGORÍAS


As eleccións na universidade celébranse con voto ponderado, de forma que o sufraxio dos profesores doutores supón o 51%, o dos estudantes o 28%, o dos integrantes doutras categorías de persoal docente e investigador o 11% e o do Persoal de Administración e Servizo (PAS) un 10%.

Deste xeito, Antonio López impúxose nas catro categorías, con especial diferenza ao seu favor entre o alumnado, xa que tres de cada catro estudantes que votaron fixérono por el. Con todo, a participación non alcanzou o 20% das máis de 27.000 persoas que estaban chamadas a votar.

FELICITACIÓNS DE JUAN VIAÑO


Pola súa banda, o aínda actual reitor da USC, Juan Viaño, felicitou a Antonio López pola súa vitoria nas eleccións celebradas este luns.

Nun comunicado, púxose a disposición do futuro reitor para todas as cuestións que beneficien á universidade. Así mesmo, agradeceu a confianza dos seus votantes, aínda que lamenta que: "Non fomos capaces de convencer co noso proxecto".

PERFIL DE ANTONIO LÓPEZ


Doutor en Dereito pola USC e catedrático de Dereito Financeiro, Antonio López ingresou en 1981 na Facultade de Dereito en Santiago, na que obtivo a súa licenciatura en 1986 con premio extraordinario.

Entre outros cargos, foi vicerreitor de Coordinador do Campus de Santiago e vicerreitor de Coordinación de Xestión de Infraestruturas (1998-2002), así como decano da Facultade de Dereito (2005-2007).

En xullo de 2007, o Parlamento galego elixiuno membro do Consello de Contas, cargo que desempeñou ata 2013. Entre 2007 e 2010 foi conselleiro maior deste organismo.

Desenvolveu un carreira docente e investigadora con numerosas publicacións e estancias docentes nas universidades de Sao Paulo, Montevideo e Boloña.

Casado e con dúas fillas, Antonio López na actualidade vive en Bertamiráns, Ames (A Coruña), gústalle a lectura e o deporte, en especial o baloncesto, xa que é seareiro declarado do Obradoiro.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE