PSdeG reclama un "plan de choque para facer fronte á anunciada fervenza de xubilacións do Sergas"

Segundo os datos dos colexios médicos, en Galicia 2.382 facultativos teñen entre 60 e 65 anos de idade: 318 en Ourense, 744 en Pontevedra, 1.031 na Coruña e 289 en Lugo. 


|

O portavoz parlamentario do PSdeG, Xoaquín Fernández Leiceaga


Tras a alerta lanzada por os colexios médicos de Galicia acerca da urxencia de abordar o próximo "boom de xubilacións", o portavoz do Grupo Socialista, Xoaquín Fernández Leiceaga, reclamou ao goberno autonómico un "plan de choque para facer fronte á anunciada fervenza de xubilacións de médicos e profesionais do Sergas revista para os vindeiros cinco anos".


Segundo os datos dos colexios médicos, en Galicia 2.382 facultativos teñen entre 60 e 65 anos de idade: 318 en Ourense, 744 en Pontevedra, 1.031 na Coruña e 289 en Lugo. Ante isto, o grupo socialista apunta que "non vai haber máis solución que flexibilizar as xubilacións" a curto prazo, aínda que recoñecen que "resulta máis razoable incrementar o número de profesionais dispoñibles". 


Leiceaga propón incrementar as prazas de MIR, coincidindo coas declaracións do presidente de Consello Galego de Colexios Médicos, Jose Luís Jiménez. "Hai que pensar no que necesitamos; pedir un incremento de prazas MIR e planificar co que temos", sostivo Jiménez, para engadir que "sería bo facer un pacto pola sanidade".





Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE