Edicións Xerais ten novo director

Tras a marcha -en teoría a petición propia- de Manuel Bragado, a filial do grupo Anaya nomea substituto, que terá que facer fronte a unha situación laboral conflitiva, pois a CIG denunciou despedimentos debido a unha "visión centralista". 


|

Tras a marcha -en teoría a petición propia- de Manuel Bragado, a filial do grupo Anaya nomea substituto, que terá que facer fronte a unha situación laboral conflitiva, pois a CIG denunciou despedimentos.



1200px Fran Alonso (AELG) 1

Fran Alonso nunha imaxe da Wikipedia


O escritor vigués Fran Alonso foi nomeado novo director de Edicións Xerais polo grupo Anaya, propietario da editorial con sede en Vigo.


Deste xeito, Alonso sucede a Manuel Bragado quen, tras máis de 20 anos á fronte de Xerais, anunciou a pasada semana que abandonaba o posto por razóns persoais para volver ao seu posto como mestre de primaria.


Fran Alonso, nacido en Vigo no ano 1963, pertence desde 1992 ao cadro de persoal de Xerais, onde desempeñou diferentes funcións dentro do ámbito editorial e empresa na que exercía como subdirector de 'Edición Xeral'.


Cunha trintena de libros ás súas costas, empezou a súa traxectoria profesional no mundo do xornalismo, sector no que colaborou en diferentes medios como La Voz de Galicia, El País ou A Nosa Terra, entre outros.


Ademais, ocupou o cargo de vicepresidente da Asociación Galega de Editores, entidade na que permanece como membro da súa xunta directiva. 


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE