A pesar das mortes, polo menos 12 persoas saltaron o precinto das praias coruñesas
As praias da cidade da Coruña tinguíronse de traxedia nos últimos anos. Polo menos en tres incidentes separados, o último o mes pasado, as ondas arrebataron a vida a persoas que se achegaron á beira cando había temporal.
As praias da cidade da Coruña tinguíronse de traxedia nos últimos anos. Polo menos en tres incidentes separados, o último o mes pasado, as ondas arrebataron a vida a persoas que se achegaron á beira cando había temporal.
Busca da moza desaparecida en Riazor
Ante este perigo, o concello está a restrinxir o acceso aos areais cada véz que hai alerta meteoróloxica na costa. A pesar da prohibición e o precinto dos accesos, ata 12 persoas foron denunciadas por non respectar os precintos de accesos ás praias da Coruña con alerta laranxa, segundo informa a Policía Local.
O Concello herculino pechou desde as 12,00 horas do día 17 ata as 8,00 horas do día 18 os accesos aos areais ante a previsión de fenómenos costeiros pola chegada dun temporal que obrigou a activar a alerta laranxa no mar.
Por parte da área de Seguridade Cidadá tomáronse medidas preventivas e de vixilancia polo que acoutouse con cinta policial de acceso prohibido aos areais a partir das 11,00 horas do 17 de abril e reabriuse ás 9,00 horas do día 18.
Paralelamente, distintas dotacións supervisaron as zonas acoutadas para evitar situacións de risco. No marco deste dispositivo, sancionouse a 12 persoas, catro pola mañá e sete pola tarde e na noite do 17 ao 18 de abril a unha persoa.
Escribe o teu comentario