Campaña de control de velocidade en estradas convencionais e vías urbanas a partir de hoxe​

A Dirección General de Tráfico (DGT) iniciará este luns 16 de abril unha campaña de control de velocidade que incidirá especialmente nas estradas convencionais e nas vías urbanas da Comunidade galega.




|

Radar de velocidade. DXT.


Estradas convencionais (as que dispoñen dun só carril en cada sentido) e vías urbanas son o escenario da nova campaña de control de velocidade que a Dirección General de Tráfico inicia este luns, 16 de abril, na Comunidade galega. 


Esta iniciativa, que forma parte da programación anual da DGT, "ten como obxectivo conseguir unha maior redución da velocidade media", explica a Delegación do Goberno en Galicia nun comunicado, e manterase durante toda a semana, ata o domingo 22.

Para o desenvolvemento da campaña, que estará coordinada polas xefaturas provinciais de tráfico, utilizaranse o máximo número de medios humanos e materiais dispoñibles.

Ademais, sempre que sexa posible, engaden as mesmas fontes, advertirase aos condutores da existencia próxima de controis, tanto a través dos paneis de sinalización variable como das pantallas alfanuméricas dos vehículos da Agrupación de Tráfico situadas nas inmediacións.

En todo caso, esta iniciativa "non supoñerá a diminución de vixilancia noutros lugares", advirten as mesmas fontes, polo que "nunhas situacións produciranse denuncias sen notificación inmediata e noutros se procederá á identificación do condutor e á comunicación 'in situ', co fin de potenciar o efecto pedagóxico da concatenación infracción-denuncia", engaden.

Esta campaña especial busca concienciar aos condutores da "estreita relación entre unha velocidade inadecuada e os accidentes", subliña a DGT.

FACTOR DE RISCO
"A consideración da velocidade como factor de risco non adquiriu o mesmo nivel de aceptación entre os condutores, a pesar de que no 20 por cento dos accidentes mortais rexistrados en vías interurbanas españolas apreciouse a velocidade como factor concorrente", concreta.

"Por tanto, levar unha velocidade adecuada podería evitar practicamente unha quinta parte das mortes en accidente de tráfico", conclúe a DGT.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE