Lanzamento de novos productos da empresa das galletas de pan sen faragulla

A empresa chantandina Daveiga presentará as últimas novidades das súas galletas mariñeiras na feira Alimentaria. As galletas de pan sen faragulla viaxará á feira de alimentación, bebidas e gastronomía líder en España para mostrar a súa produción, a súa nova imaxe e a súa nova liña de produtos.


|

A empresa chantandina Daveiga presentará as últimas novidades das súas galletas mariñeiras na feira Alimentaria. O pan sen faragulla viaxará á feira de alimentación, bebidas e gastronomía líder en España para mostrar a súa produción, a súa nova imaxe e a súa nova liña de produtos.


Alimentaria, principal feira do sector no país referente a nivel internacional, contará con máis de 4.500 firmas mostrando as súas mellores propostas e nela Daveiga defenderá a nova imaxe do seu pan de barco. Ademais, a entidade galega levará ás terras catalás as súas novas referencias de produtos Natural (espelta, liño) e BIO (integral, sementes de chia, espelta e quinoa), así como a súa nova liña de produtos biolóxicos (Mariñeiras BIO) cuxa produción está certificada polo Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia.



Linasdaveiga


Durante o evento, o cociñeiro e profesor do F.P de Cociña do I.E.S Lagoa Antela de Xinzo de Limia, Martín Álvarez, elaborará varias receitas coas mariñeiras, destacando as preparadas con ortigas. Mostrará as diferentes formas de consumir este pan de longa duración e convidará os asistentes a degustar as súas elaboracións.


A empresa galega Daveiga vén de situarse no ránking FT1000 Europe's Fastest Growing Companies 2018 entre as entidades que máis crecen de Europa e máis elevaron o seu negocio de 2013 a 2016. Este estudo analiza a evolución de ingresos de empresas de 31 países europeos e entre elas atópase este selo galego.


Daveiga, cunha traxectoria de máis de 10 anos no mercado, acumula unha alza de vendas do 324% no período 2013-2016 e continúa apostando pola utilización de materias primas naturais, un produto saudable e de calidade. É de destacar a súa vocación por internacionalizar o produto, xa que a exportación das mariñeiras supón máis do 40% da súa facturación.


A feira de Alimentaria celebrarase desde o vindeiro luns 16 de abril ata o xoves 19 no Recinto de Gran Vía de Barcelona.



Fabrica galletas daveiga mariu00f1eiras

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE