Executivas e la Caixa apostan pola contratación de persoas en situación de vulnerabilidade

O programa Incorpora facilitou 844 postos de traballo a persoas vulnerables en 2017


|


Lacaixa

Firma do convenio en Ourense | Imaxe: Executivas de Galicia


Excutivas de Galicia e a Obra Social "la Caixa" asinaron un convenio para fomentar a contratación de persoas en situación de vulnerabilidade en Galicia. O acordo levará a cabo a través do programa Incorpora de la Caixa, cuxo obxectivo é potenciar o tecido empresarial da comunidade.


A contratación de Incorpora diríxese a persoas con discapacidade, mulleres vítimas de violencia de xénero, paradas de longa duración, ex recluídas, mozas en situación de vulnerabilidade e inmigrantes, entre outras.


No convenio asinado onte no centro La Molinera en Ourense, Executivas comprometeuse a "fomentar a contratación e formación de persoas en situación de vulnerabilidade e a impulsar accións concretas no ámbito da responsabilidade social empresarial coas 28 asociacións que forman parte da federación".


O compromiso da entidade financeira a través de Incorpora -programa que facilitou 844 postos de traballo en 2017 grazas a 420 empresas locais- consiste en prestar información e asesoramento especializado "sobre subvencións e axudas á contratación e á creación de emprego" destes colectivos. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE