O deputado do BNG Luís Bará rompe unha foto de Felipe VI no pleno parlamentario para pedir derrogar a Lei Mordaza
Bará rompeu un retrato do rei Felipe VI este mércores no pleno do Parlamento, durante a defensa dunha iniciativa en contra da interpretación "represiva" dos delitos de incitación ao odio e enaltecemento do terrorismo.
O deputado nacionalista na pleno | Imaxe: BNG
O deputado do BNG Luís Bará rompeu un retrato do rei Felipe VIN este mércores no pleno do Parlamento, en defensa da Proposición non de Lei para modificar o código penal e derrogar a Lei de Seguridade Ciudana, máis coñecida como Lei Mordaza. Durante a súa intervención, o nacionalista clamou pola defensa dunha iniciativa en contra da interpretación "represiva" dos delitos de incitación ao odio e enaltecemento do terrorismo.
Bará, que foi alto cargo do Goberno bipartito de PSdeG e Bloque, defendeu, mentres mostraba dúas fotografías do rei, que "romper este retrato" non é un delito, senón o "ABC da democracia" e alegou que non o podía queimar por estar "nun espazo pechado".
O nacionalista fixo referencia a principios como a liberdade de expresión e o pluralismo aludindo á condena a España por parte do Tribunal Europeo de Dereitos Humanos (TEDH) en relación aos mozos cataláns Jaume Roura Capellera e Enric Stern Taulats.
A Audiencia Nacional impuxera a estes dous mozos 15 meses de cárcere en 2008 por un delito de inxurias á Coroa -unha pena que foi substituída por multa de 2.700 euros- por queimar unha foto dos Reyes tras unha manifestación en Xirona.
Escribe o teu comentario