Leiceaga acusa á Xunta de "degradar o sistema sanitario"

O grupo socialista propón consolidar un catálogo de servizos para os hospitais comarcais, un Plan de Persoal para aumentar 2.000 prazas e modificar a Lei de Garantías Sanitarias. 


|

Leiceagamicros


O portavoz do Grupo Socialista, Xoaquín Fernández Leiceaga, acusa o goberno da Xunta de Galicia de "degradar o sistema sanitario" dificultando e acceso aos servizos e "consolidando unha sanidade de dúas velocidades".


Leiceaga alertou hoxe na sesión de control das "listas de espera excesivas na sanidade", o "abuso de concertos coa sanidade privada" e da "degradación dos servizos nos hospitais comarcais", acusando o goberno galego de combater as listas de espera "gastando máis de 200 millóns de euros anuais en derivacións a empresas privadas", o que, segundo as socialistas, provoca "que algunhas Eoxis perdan a cualificación necesaria para realizar prácticas médicas e consolidando o sector privado".


Ante a "preocupación e malestar" de profesionais e usuarias do sistema sanitario público, o portavoz presentou tres propostas concretas para desafogar a sanidade. Consolidar un catálogo de servizos para os hospitais comarcais que garanta unha serie de servizos mínimos "dentro do razoable e o posible" nun prazo de catro anos, poñer en marcha un Plan de Persoal para aumentar a dotación en sanidade para reducir á metade as traballadoras eventuais e aumentar as prazas MIR, e modificar a Lei de Garantías Sanitarias son as tres medidas expostas polo PSdG-PSOE.


Leiceaga apuntou as consecuencias das medidas sanitarias adoptadas polo Partido Popular: "a deterioración dos servizos e listas de espera disparatadas con máis de 10.000 persoas esperando para a consulta de traumatología na Eoxi de Vigo, cunha lista de espera media de 10 meses e casos de ata 3 anos". 


relacionada O BNG defende unha proposición de lei para mellorar a Atención Primaria con 223 millóns de euros
relacionada O SERGAS critica a convocatoria dunha manifestación en defensa da sanidade pública

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE