​Nace a primeira plataforma de asociacións de infancia de Galicia

O vindeiro mércores, 11 de abril, no reitorado da Universidade de Santiago de Compostela preséntase a Plataforma de Organizacións de Infancia de Galicia. A Plataforma está formada por 21 organizacións sociais galegas.


|

O vindeiro mércores, 11 de abril, no reitorado da Universidade de Santiago de Compostela preséntase a Plataforma de Organizacións de Infancia de Galicia. A Plataforma está formada por 21 organizacións sociais galegas. 



Colegiomenores


Di ter por obxectivo xeneral “a protección e promoción dos Dereitos da Infancia recollidos na Convención sobre os Dereitos do Neno de 1989”. Convención esta que é a máis ratificada na historia e que conta co apoio do Parlamento Español.


Impulsar políticas xerais e sectoriais dirixidas a incrementar o benestar da infancia, denunciar e facer seguimento das situacións de vulneración dos dereitos da infancia, así como, sensibilizar á sociedade para o coñecemento e o respecto dos dereitos das nenas e nenos son outras das finalidades do colectivo.


A nova Plataforma de Infancia de Galicia está composta por: AcladAlborada, Aldeas Infantís SOS Galicia, Fundación Amigó, Asociación Abuso e malos tratos infantís NO , Asociación Ansia, Federación ASDE-Scouts, Federación Aspace, Fundación Axuda en Acción, Cruz Vermella, Fundación Diagrama, Fundación Educo, Escola de Tempo Libre Don Bosco, Federación Don Bosco, Instituto galego de xestión para o terceiro sector Igaxes, Federación Marcha Compostela, Fundación Nenos, Fundación Secretariado Xitano, Fundación Terra de homes, Centro Trama, Unicef e Asociación Viraventos.


No acto de presentación están anunciadas varias autoridades: o Conselleiro de Política Social da Xunta de Galicia, a Concelleira de Políticas Sociais, diversidade, Saúde e Centros cívicos do concello de Santiago de Compostela, a decana da Facultade de Ciencias da Educación da USC e o Presidente de Plataforma de Organizacións de Infancia de España. Tamén falará Xesús Mª Vilas Otero o primeiro presidente de Plataforma de Organizacións de Infancia de Galicia.


No marco deste acto Adolfo Lacuesta Antón presentará as "Observacións finais do comité dos Dereitos económicos, sociais e culturais ( DESC) sobre o sexto informe periódico de España", un informe realizado pola Oficina de Alto Comisionado de Dereitos Humanos de Nacións Unidas.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE