O 061 recomenda instalar o seu App polas emerxencias que puidese haber esta semana Santa

Urxencia Sanitarias de Galicia-061 pide á condutores "precaución" nas estradas ante o inicio, este xoves, das vacacións de Semana Santa, nas que se prevé "un notable incremento no número de desprazamentos" por estrada ata o domingo 1 de abril. Link á app no interior.


|

Urxencia Sanitarias de Galicia-061 pide á condutores "precaución" nas estradas ante o inicio, este xoves, das vacacións de Semana Santa, nas que se prevé "un notable incremento no número de desprazamentos" por estrada ata o domingo 1 de abril.



Rcp061reanimacionparadacardiorrespiratoria



Segundo informa o 061, cando se produce un accidente de tráfico a persoa que se atopa no lugar do sinistro "pode ser de gran utilidade", primeiro "facilitando toda a información relevante" a Urxencias Sanitarias e, segundo, "seguindo as indicacións transmitidas polo persoal sanitario" da Central de Coordinación ata a chegada dos recursos especializados.

Ademais, destaca a "importancia" de ter descargada a App de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 no móbil ou a tableta. As chamadas que se realicen a través desta aplicación enviarán a posición exacta xeolocalizada do accidentado.

Tamén a App de Urxencias Sanitarias "permitirá a recuperación dos datos do paciente e da súa historia clínica" se é o propio accidentado o que chama desde o seu teléfono e ten activada esta función.

BALANCE
O 061 asistiu durante a Semana Santa do pasado ano a un total de 92 persoas debido a 59 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas.

O período contabilizado comprendeu desde as 15,00 horas do mércores 12 de abril ata as 23,59 horas do domingo 16. O maior número de atencións por sinistros rexistrouse o Xoves Santo, con 17 accidentes.

Por provincias, Pontevedra foi a que rexistrou máis accidentes durante o período festivo de Semana Santa 2017, con 26 sinistros; seguida da Coruña, con 21; Lugo, con sete; e Ourense, con cinco.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE