É boa idea recortar as prazas da Facultade de Medicina?
A proposta da Universidade de Santiago para a redución de 18 prazas na Facultade de Medicina chegou hoxe ao Parlamento. A USC pretende pasar das 360 actuais a 342.
A proposta da Universidade de Santiago para a redución de 18 prazas na Facultade de Medicina chegou hoxe ao Parlamento. A USC pretende pasar das 360 actuais a 342.
Xullo Torrado
Non é a primeira noticia neste sentido. Para o actual curso, a universidade galega -a única que ofrece este grao- pretendía ofrecer só 350, alegando falta de recursos. Ao final, as tramitarse en instancias superiores, quedaron nas citadas 360.
É necesario o recorte do 5 por cento proposto? Para o PSOE non. Así o portavoz de Sanidade, Xullo Torrado, defendeu que se destinen máis recursos á Factultad de Medicina para aumentar o número de profesionais en Galicia. O deputado pide á Xunta que pare este recorte, pese que á USC insiste na incapacidade material de continuar co número de alumnos actual. Por agora, o Goberno Galego esquiva o debate.
Torrado argumenta que a sanidade galega é unha das peor valoradas, a terceira pola cola segundo o CIS, precisamente pola insuficiencia de persoal. O SERGAS arrastra, ademais, un importante cociente de contratos en precario, polo que, en opinión dos socialistas, é urxente ampliar persoal e darlle estabilidade.
Escribe o teu comentario