“Precariedade” e “presións” no servizo de deportes da USC

A denuncia de as condicións laboarales e o desinterese dos mandatarios chega nun momento importante, coa USC en pleno proceso electoral para elixir reitor.


|

O sindicato FeSMC- UXT denuncia a “situación de indefensión na que están os traballadores da Fundación USC Deportiva”. Trátase de 32 empregados con numerosos problemas laborais, que ademais levan catro anos solicitando unha reunión co padroado desta Fundación sen resposta a día de hoxe.


A central denuncia unha serie de presuntas ilegalidades. Entre outras, as diferenzas que se constatan nas condicións laborais dos traballadores; a notable redución do número de empregados nos últimos anos, o recurso reiterado ás contratacións precarias; as presións ás que ven sometidos algúns traballadores; o reiterado incumprimento de varios puntos do convenio colectivo; ou a falta de transparencia á hora de informar os representantes dos traballadores como establece a lexislación en varios supostos.


Pese a estes problemas, aseguran que a penas hai interlocución co seu empregado pois “só foron recibidos en dúas ocasións, nunha polo reitor e noutra pola vicerreitoria da USC, pero nunca como presidente e vicepresidenta da Fundación”. Reunións nas que “puideron percibir claramente que ambos descoñecían por completo o funcionamento real da Fundación e a situación actual dos seus traballadores”.


Outro sindicato, a CIG, tamén se suma ás protestas. A central nacionalista denuncia que a concesionaria dos servizos deportivos da USC “está no esquecemento dos máximos responsables da entidade”. Bruno López e Martín Vázquez, delegados de persoal, afirman que “o presidente da entidade e a vicepresidenta descoñecen por completo o funcionamento real da fundación, e que escapan da realidade delegando plenamente no seu xerente, que trata de silenciar unha situación escura e delicada”.



11 05 25 Fundacion USC Deportiva 016


A denuncia das condicións laboarias e o suposto desinterese dos mandatarios chega nun momento importante, coa USC en pleno proceso electoral para elixir reitor. A Universidade aínda non respondeu a estas acusacións.


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE