A borrasca Gisele deixa sen luz e transporte a miles de galegos
Miles de galegos sen subministro eléctrico, transporte de Ría cortado, frota amarrada e a Autovía do Barbanza con problemas por un camión envorcado. Estas son algunhas das primeiras incidencias dunha mañá marcada por fortes choivas e ventos superiores mesmo ao 135 km/h.
Miles de galegos sen subministro eléctrico, transporte de Ría cortado, frota amarrada e a Autovía do Barbanza con problemas por un camión envorcado. Estas son algunhas das primeiras incidencias dunha mañá marcada por fortes choivas e ventos superiores mesmo ao 135 km/h.
Uns 7.700 usuarios de Fenosa permanecen sen subministración eléctrica en municipios das provincias da Coruña, Ourense e Pontevedra debido a incidencias derivadas do mal tempo por mor da borrasca 'Gisele'.
Segundo informaron a Europa Press fontes da compañía eléctrica, ata as 11,00 horas rexistraran 13 incidencias na Comunidade galega, sobre todo en municipios coruñeses como Mazaricos, Santa Comba, Vimianzo, Dumbría e Outes; así como en Cartelle (Ourense), e Sanxenxo (Pontevedra).
Por provincias, a compañía apuntou que hai máis de 3.200 afectados na da Coruña; uns 2.000 na de Ourense e uns 2.400 na de Pontevedra.
Fenosa mobilizou a "todas as brigadas" que "están a traballar para restablecer a subministración canto antes". En xeral, as mesmas fontes apuntaron que as incidencias se deben, sobre todo, a caídas de árbores ou ramas sobre a liña.
Este mércores as choivas deixaron ata as 11,00 horas rexistros significativos de 54,2 litros por metro cadrado no municipio coruñés de Santa Comba e 52,2 no de Coristanco.
Mentres, o vento alcanzou en Vimianzo (A Coruña) os 138,6 quilómetros por hora e os 129,5 na localidade coruñesa de Carnota. Ademais, no que vai de xornada rexistráronse refachos de 127,9 en Cedeira, de 127,7 en Lousame e de 123,1 en Coristanco.
Escribe o teu comentario