Galicia non xera 1.500 empregos por falta de traballadores ben formados

A Xunta debe reformar un sistema educativo incapaz de ofrecer man de obra con boa formación en tecnoloxía. Do contraio, o país seguirá deixando de crear miles de postos de traballo. Esta é a conclusión dun novo estudo dos colexios de economistas, presentado hoxe.


|

A Xunta debe reformar o sistema educativo incapaz de ofrecer man de obra con boa formación en tecnoloxía. Do contrario, o país seguirá deixando de crear miles de postos de traballo. Esta é a conclusión dun novo estudo dos colexios de economistas, presentado hoxe.


DYKrEtDW0AAUW50


Así, un 80% dos economistas galegos considera que existe un "desaxuste moi forte" entre o sistema educativo e o que demanda a industria galega, polo que instan á Xunta a "meter na súa axenda política" unha reforma educativa que atenda ás necesidades de "unha cuarta revolución industrial, que precisa de máis carreiras tecnolóxicas".


Así o sinalou este martes en Ourense o economista, profesor e empresario Venancio Salcines, durante a presentación dos datos do último Barómetro de Economía de Galicia, editado polo Consello Galego de Colexios de Economistas, relativo ao segundo semestre de 2017.


No acto, ademais de Venancio Salcines, participaron a directora do estudo, a titular do departamento de Análise Económica de Ciencias Económicas e Empresariais na Universiad da Coruña, María Jesús Freira; o presidente do Consello, Miguel Vázquez Taín; e o decano do colexio de Economistas de Ourense, Guillermo Díez.


DESAXUSTE ENTRE A OFERTA EDUCATIVA E A DEMANDA DE MERCADO


En especial, o estudo detense en analizar os motivos do paro xuvenil e a falta de traballadores cualificados no sector industrial, que segundo un 76% dos enquisados débese a un desaxuste "moi forte" entre o sistema educativo e a industria galega.


Salcine tamén rescatou os datos manexados pola asociación empresarial ASIME (que factura o 21% do PIB en Galicia), que sinalan que na Comunidade "necesítanse máis de 1.500 postos de traballo" profesionalizados pero que "non hai oferta pola falta dunha educación especializada".


Por iso pediu á Xunta que inclúa a necesidade dunha reforma educativa "na súa axenda política de Goberno" e, en concreto, referiuse ás consellerías de Educación e de Economía, sobre as que considera que "recae encima este problema".


Nesta mesma liña manifestouse o presidente do Consello Galego de Colexios de Economistas, Miguel Vázquez Taín, que abundou na necesidade de "un sistema educativo distinto", con "máis carreiras tecnolóxicas, industriais e de telecomunicacións".


Con todo, descartou trasladar esta necesidade de forma directa ao Executivo galego, aínda que se mostrou optimista sobre unha resposta a esta demanda porque desde o Consello ése consciente de que "algúns conselleiros analizan estes datos moi detidamente".


A principal conclusión deste estudo, que recolle os resultados dunha enquisa realizada entre economistas das catro provincias galegas, confirma a sensación de que se produciu "unha lixeira retardación" no crecemento económico de Galicia


O OPTIMISMO NA ECONOMÍA "DESCENDE" 16 PUNTOS


Así, un 33,06% dos enquisados cren que a situación "mellorou" respecto da do ano anterior (2016), o que supón unha caída de máis de 16 puntos respecto ao ano 2016, no que esta porcentaxe foi do 49,6%. O resto repártense nun 56,28% que opina que a economía galega "segue igual", e un 9,57% que pensa que está "peor" que hai un ano.


Por provincias, Pontevedra (38%) e A Coruña (34%) son as máis optimistas; mentres que por sector de actividade, os enquisados que traballan no sector público son os máis positivos (41,6%) fronte aos que están xubilados, que son os máis pesimistas (30%).


O barómetro confirma que o paro segue sendo o problema máis importante (69%) para a maioría dos enquisados. Como solución sinalan a necesidade de mellorar o sistema educativo (8,7 sobre 10), captar investimento estranxeiro (8,1 sobre 10) ou crear novos nichos de emprego (8 sobre 10).


REFORMA DAS PENSIÓNS


Pola súa banda, a directora do estudo, María Jesús Seoane, referiuse ao futuro das pensións. Un 59% dos enquisados cren que para garantilas serán necesarias reformas estruturais que inclúan solucións aos problemas demográficos de España; fronte a un 27% que confía en axustes sen necesidade de cambiar o sistema e un 11% que aposta por novos impostos para cubrir o déficit de caixa.


Respecto da recuperación do mercado inmobiliario, un 68% dos economistas consultados considera que a recuperación do ladrillo "é moi tímida e case inexistente", mentres que o 21% cre que "é unha realidade que regresa con forza".

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE