Por que hai menos axudas para Down Galicia?
O Partido Socialista acusa o Goberno de reducir en 176.000 euros as axudas a unha das principais asociacones galegas de discapacitados intelectuais, e de facelo a drede.
O Partido Socialista acusa o Goberno de reducir en 176.000 euros as axudas a unha das principais asociacones galegas de discapacitados intelectuais, e de facelo a drede.
Así a portavoz de Política Social do Grupo Socialista, Noela Branco, presentou hoxe en Comisión parlamentaria o recorte de 176.670 euros nas axudas para fomento do emprego destinadas á fundación Down Galicia polo goberno galego. Advertiu que esta decisión impedirá contratar a 10 profesionais que atenden a 658 persoas en toda Galicia.
Branco censurou a "nocturnidade e aleivosía" da Xunta á hora de levar adiante os retallos sobre uns profesionais que se dedican a apoiar ás persoas con síndrome de Down na súa inserción laboral, formación prelaboral e fomento da vida independente. Acusou o goberno galego de proporcionar "axudas insuficientes"
É moi difícil situación laboral destas persoas en Galicia, con a taxa de actividade máis baixa do Estado, un 27,8 por cento que significa un 21 por cento menos de activos que a media estatal, de acordo co Informe específico do INE.
Segundo o Observatorio do Mercado de Traballo da Fundación ONCE, estas persoas teñen un salario 3.542 euros menor ao resto da poboación, unha situación que resulta "aínda menor no caso das enfermidades mentais". Ademais, dixo, só o 11,6 por cento teñen formación superior en Galicia, 3,7 puntos por baixo da media estatal e 23 do resto da poboación galega.
Escribe o teu comentario