O PPdeG xa non chama á folga do #8M "o máis machista"

Xusto a finais de febreiro, cando aínda non se coñecía o alcance que ía ter a reivindicación social este día internacional da muller, Tellado afirmou que "a folga de mulleres é o máis machista que se pode facer".

|

O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado


O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, modula o seu discurso sobre a folga deste 8 de marzo, tendo en conta que os populares recoñecen que a mobilización este xoves foi "un clamor". Así, preguntado varias veces por se mantén que facer o paro era "o máis machista que se pode facer", como dixo hai apenas unha semana, respondeu que este tipo de protesta pode ser "rechamante", pero defendeu que "a sociedade se transforma desde as institucións".

Tellado constatou este venres en varias ocasións que a folga "é un dereito fundamental", e que "por tanto aqueles que o desexen" poden optar por ela. Con todo, afirmou que cre "pouco" nelas e engadiu que gustaríalle que estivesen chamados "homes e mulleres", ao entender que "a batalla é de homes e mulleres contra machistas e actitudes machistas". "Non é unha guerra de mulleres contra homes", incidiu.

RECTIFICACIÓN

Xusto a finais de febreiro, cando aínda non se coñecía o alcance que ía ter a reivindicación social este día internacional da muller, Tellado afirmou que "a folga de mulleres é o máis machista que se pode facer".

En rolda de prensa, o secretario xeral do PPdeG recoñeceu que "non hai dúbida" de que as manifestacións deste 8M "foron un éxito". "Sempre dixemos que respectabamos o dereito á folga, pero que nós aproveitariamos para traballar pola igualdade real", argumentou sobre a postura do seu partido.

Neste sentido, opinou que "non é unha loita dun día", senón dos 365 e proclamou: "Hoxe tamén é 8 de marzo". "Desde o Goberno, desde as institucións, pódese seguir traballando", apostilou.

SINALA A PONTÓN


Ademais, criticou que "determinados partidos de esquerda" traten de "instrumentalizar" a mobilización para "desgastar" ao Executivo, e acusou directamente ao BNG e ao seu portavoz nacional Ana Pontón. "Busca unha lectura política que non é respectar aos manifestantes", censurou.

Nesta liña, razoou que as protestas "non eran contra ninguén", polo que lamentou "se alguén quere sacar tallada", aludindo tamén á conta de Twitter do Bloque.

No que ao PP respecta, Tellado sentenciou que "non" se arrepinte "de traballar os 365 días" pola igualdade "real". Un labor que, segundo interpretou, "está a dar os seus froitos", o que ha ejemplificado cunha brecha salarial "menor" en Galicia que en España e en España que en Europa. "Non podemos estar arrepentidos deste traballo", recalcou, aínda admitindo que "queda moito por facer".

Neste extremo, mencionou a lei de igualdade de 2004, aprobada co expresidente da Xunta Manuel Fraga e sobre a que Pontón, recriminou, "votou en contra". Tamén se referiu ao vixente plan de emprego feminino e ao de conciliación que prepara a actual Xunta --recoñecendo que hai que "seguir profundando" no campo da corresponsabilidade--, para concluír que non acepta "leccións de ningún tipo" sobre o seu "compromiso coa igualdade real". "Leccións de feminismo non acepto de ninguén", terminou.

relacionada "Éxito" da folga feminista #8M en Galicia

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE