Estudo galego presenta un millonario videoxogo

A maior empresa galega de videoxogos presenta o seu novo lanzamento, “The Waylanders”. Non se trata dun proxecto menor. Cun orzamento próximo aos 2 millóns de euros, o programa supón un salto cualitativo na traxectoria de Gato Salvaje Estudio.


|

A maior empresa galega de videoxogos presenta o seu novo lanzamento, “The Waylanders”. Non se trata dun proxecto menor. Cun orzamento próximo aos 2 millóns de euros, o  programa supón un salto cualitativo na traxectoria deGato Salvaje Estudio.



Fotonoticia 20180101112737 640


Baseada na Coruña, o estudo cumpre 8 anos de vida e emprega a 38 profesionais, polo que di ser "o maior xerador de emprego en Galicia no seu ámbito de actividade".  Fernando Prieto, socio e produtor executivo, xunto con outros responsables da empresa, mostrarán en vivo as innovadoras tecnoloxías que están a aplicar no seu novo produto, como a captura de movemento en tempo real. 


Na demostración participará Ton Puey, membro fundador da Asociación Galega de Esgrima Antiga. Será ás 11 horas do día 13 no Auditorio Afundación herculino.


Así mesmo, explicarán os novos retos estratéxicos que afronta Gato Salvaje Estudio para actuar como "proxecto tractor que axude a xerar en Galicia o sector do videoxogo". Os videjuegos son a primeira industria cultural do mundo por facturación.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE