Como se ve o derbi galego desde fóra?

A canle de Youtube Copa90 dedica un dos seus últimos vídeos a analizar este coñecido fenómeno deportivo


|


Derby days

Fonte: Copa90


Poucas cousas poden igualar a rivalidade, a competición e a emoción que desprende polos catro costados o derbi galego. Sendo un dos encontros máis esperados e recoñecidos do fútbol en Galicia, o eterno enfrontamento entre o Deportivo e o Celta levanta paixóns alá onde se respire un indicio de afección por calquera dos dous equipos. O Noso Derbi converteuse nun fenómeno social de gran magnitude e intensidade, ata o punto de chamar a atención máis aló de fronteiras galegas e españolas.


Copa90, a recoñecida canle de Youtube enfocada no mundo do fútbol e en todas as súas vertentes, dedicou un dos seus últimos vídeos a investigar aquelas características e particularidades que fan do derbi galego un evento único. Un repaso de 20 minutos que axuda a comprender o poderoso atractivo do enfrontamento, e que en ocasións parece ir máis aló do meramente deportivo.



Marcada polo seu notable calidade e o seu nivel de realización e edición, parte da produción de Copa90 centra a súa atención en dar a coñecer as grandes rivalidades que copan o fútbol por todo o mundo. Esta vez tocoulle a quenda a Galicia, cuxa paixón por este deporte e a súa competitividade é analizada desde unha perspectiva cada vez máis internacional.

relacionada Fariña e Iván Ferreiro elevan á música en galego ao prime time da televisión estatal
relacionada Fisterra faise inmortal a través de Netflix

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE