Fisterra faise inmortal a través de Netflix
O novo vídeo promocional da serie 'Altered Carbon' pisa a costa galega con humor
Fonte: Netflix
Algo que xa se converteu en costume para Netflix é promocionar as súas series e películas con certo enxeño ou, polo menos, coa pretensión de chamar a atención e non deixar a ninguén diferente. Nesta ocasión tocoulle a quenda a Galicia, máis concretamente a un pequeno pobo de Fisterra, que se fai inmortal e contáxiase do espírito da serie 'Altered Carbon'.
A obra exclusiva de Netflix, baseada na novela homónima de Richard K. Morgan, preséntanos un univeso onde a morte perde toda relevancia, e no que a identidade humana transfírese mediante soporte dixital, viaxando de corpo en corpo. A inmortalidade en 'Altered Carbon' é unha realidade palpable, da que agora tamén gozan os habitantes de Fisterra.
Ao longo do vídeo podemos observar a reacción de distintos galegos á tecnoloxía inmortal, que pasou a converterse en tendencia e en algo completamente rutinariou. O pobo da Costa da Morte no que ninguén morre cobra vida a través Netflix, que en clave de humor quixo inserir a esencia de 'Altered Carbon' nas xentes de Galicia.
Escribe o teu comentario