Fariña e Iván Ferreiro elevan á música en galego ao prime time da televisión estatal

Vídeo da cabeceira da serie que estrea esta noite Antena 3 composta por Iván Ferreiro no interior. 


|

Sito Miñanco, o máis mediático dos capos galegos, volve ás portadas e, por vez primeira, ás pantallas de televisión. O cambadés está a ser xulgado en Pontevedra polo seu  millonario patrimonio inmobiliario nas Rías Baixas, máis de 4 millóns segundo contabilizou Galiciapress, que a Fiscalía cre provén do branqueo do narcotráfico.


Ademais, Antena 3 (20:40 horas) estrea este mércores cun especial en horario de máxima audiencia  Fariña , a serie homónima inspirada polo libro de investigación de Nacho Carretero sobre o contrabando e o narcotráfico en Galicia. Volume tamén de máxima actualidade, polo seu próximo secuestro xudicial.


De fondo, soa a música de Iván Ferreiro. O compositor vigués, ex-líder dos Piratas, ponlle son á cabeceira dunha serie que relata feitos que aínda marca a vida económica e política de moitas localidades do país. E faino cantando en galego, unha novidade na grella televisiva de ámbito estatal:




Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE