Denuncias cruzadas entre dúas funcionarias e A Mesa polo galego

A polémica por unha denuncia de discriminación lingüística crece. Mientres A Mesa pola Normalización denuncia que dúas funcionarias negáronse a atender a unha cidadá en galego, as acusadas responden a través de Galicia Bilingüe denunciando unha campaña de acoso e cargando contra a denunciante.


|

A polémica por unha denuncia de discriminación lingüística crece. Mientres A Mesa pola Normalización denuncia que dúas funcionarias negáronse a atender a unha cidadá en galego, as acusadas responden a través de Galicia Bilingüe denunciando a súa vez unha campaña de acoso e cargando contra a denunciante.



A Mesa en Lugo


As funcionarias que supostamente se negaron a atender en galego a unha muller na delegación da Xunta en Lugo negaron os feitos denunciados tanto pola usuaria como pola asociación A Mesa pola Normalización Lingüística e denunciaron unha campaña de acoso a través das redes sociais.


Nun comunicado difundido a través de Galicia Bilingüe, as traballadoras denunciadas sinalan que a usuaria chegou "fóra do horario de atención ao público" e facilitóuselle "toda a información verbal e documental" relacionada co asunto solicitado.


"Non foi ata a fin da consulta, cando esta cidadá solicitou ser atendida en galego, nun ton moi desagradable, que non se correspondía co empregado ata ese momento por ningunha das partes", sinalan. As traballadoras relatanque víronse obrigadas a trasladar a "dificultade de atender a súa petición" despois que a denunciante empregase "galego reintegracionista, como o que despois empregou no escrito de queixa" e "unha actitude hostil, dificultando en gran medida a súa comprensión".


"Nese momento, a cidadá comezou a faltarnos ao respecto, con comentarios tales como que nos negabamos a falar galego porque eramos da 'sección feminina', ou que 'queriamos que volvese Franco'. Tamén nos dixo que nos marchásemos de Galicia. Ao vela alterada, un compañeiro ofreceuse amablemente a falar con ela, accedendo á súa petición de ser atendida en galego, algo que ela xa non quixo aceptar". Por iso, tacharon de "totalmente falso" a suposta negativa a atender á muller en galego.


Finalmente, denunciaron que, a partir deste incidente, "comezou unha campaña de acoso" nas redes sociais e "mesmo telefonicamente", chegando a recibir chamadas de teléfono con comentarios como 'xa es famosa na internet' ou 'por fin póñolle voz á facha', feitos polos que presentaron denuncia ante a Policía Nacional o día 2 de marzo de 2018.


VERSIÓN DA DENUNCIANTE


De acordo a versión relatada ante os medios, Adela Figueroa acudiu ao Servizo de Deportes da delegación o pasado 26 de febreiro a buscar información sobre clubs deportivos. Ao ser respondida en castelán, solicitou á funcionaria ser atendida en galego, ao que a traballadora negouse, chegando a dicirlle frases como 'Non me dá a gana! Son funcionaria e podo escoller o idioma que eu queira'.

Cando a usuaria dirixiuse a outra empregada para tentar ser atendida en lingua galega a situación repetiuse. 'Eu só falo castelán non me dá a gana de falar en galego', trasladoulle a funcionaria. Despois de que a muller lamentase esta afirmación, ante a situación de perda de falantes, a traballadora elevou o ton das súas queixas, con freses como 'Se se perde mellor! Nin galego nin catalán, con só castelán moito mellor!'.

De feito, segundo denunciou A Mesa, unha das funcionarias chegou a sinalar: 'Eu fun da Sección feminina da Falanxe. E ben orgullosa que estou de ser da Sección Feminina. Traballei en Madrid en cásea do Paseo de la Castellano. Debaixo do escudo do xugo e as frechas. Oxalá volvese Franco. Boa falta facía!'.

A asociación xa tramitou e remitiu queixas ante a Consellería de Presidencia, a Secretaría Xeral de Política Lingüística, a Secretaría Xeral para ou Deporte e ao Valedor do Pobo para denunciar este caso "de agresión lingüística" e de "discriminación" 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE