Máis de 1.300 novos galegos diagnosticados de epilepsia cada ano

Os neurólogos enfróntanse a retos máis aló do control das crises á hora de elixir o primeiro fármaco antiepiléptico: que se tolere ben, fácil de usar, con poucos efectos adversos e que non interaccione con outros fármacos. Isto foi un dos puntos dun congreso en Sanxenxo.


|

Os neurólogos enfróntanse a retos máis aló do control das crises á hora de elixir o primeiro fármaco antiepiléptico: que se tolere ben, fácil de usar, con poucos efectos adversos e que non interaccione con outros fármacos. Isto foi un dos puntos dun congreso en Sanxenxo.


Vvillanueva.listg

Dr. Vicente Villanueva, xefe de Sección da Unidade de Epilepsia do Hospital Universitario e Politécnico La Fe de Valencia nunha imaxe da Universidade de Valencia



E é que cada ano 1.350 galegos son diagnosticados de epilepsia, un trastorno neurológico crónico provocado por unha actividade eléctrica anormal do cerebro que provoca as crises epilépticas. Na actualidade, os especialistas que tratan esta patoloxía recoñecen a importancia da elección apropiada do primeiro tratamento tras o diagnóstico, xa que ademais de controlar as crises é necesario que proporcione a maior calidade de vida posible ao paciente, tendo en conta outras comorbilidades asociadas á epilepsia que poderían verse afectadas co paso do tempo e interferir na súa saúde.


Con este obxectivo de abordar a enfermidade máis aló das crises nace a xornada formativa “NEXUS: Encontros de innovación en Epilepsia”, na que participaron durante o sábado 3 de marzo en Sanxenxo máis de 80 neurólogos procedentes de distintos hospitais de Galicia, Asturias, Cantabria, País Vasco e Madrid. Esta iniciativa, patrocinada por Bial e Eisai , conta co Dr. Vicente Villanueva, xefe de Sección da Unidade de Epilepsia do Hospital Universitario e Politécnico La Fe de Valencia, como coordinador científico deste encontro.


A IMPORTANCIA DO PRIMEIRO FÁRMACO


Tras o diagnóstico, o especialista terá que revisar as opcións terapéuticas existentes e, aínda que a día de hoxe existen máis dunha vintena, estas vanse reducindo en función do grupo de idade e as circunstancias de cada paciente.


O Dr. Vicente Villanueva indica a este respecto que “una das situacións que vemos cando se dá un primeiro fármaco ao paciente, que adoita ser en monoterapia, é que case todos os tratamentos demostran eficacia, pero hai unha serie de factores que van máis aló das crises, nas que non todos responden igual”.


Estes factores son, principalmente, que resulten cómodos de utilizar -o que mellora o cumprimento terapéutico-, que teñan poucos efectos adversos, que non presenten interaccións con outros fármacos e sexan adecuados para o conxunto da saúde do paciente, especialmente cando poden converterse en tratamentos crónicos en pacientes que ademais estean polimedicados. “E a iso referímonos con ir máis aló das crises”, explica o Dr. Villanueva, “ter en conta todos estes factores permitiranos o control da epilepsia e alcanzar o éxito terapéutico”.


Neste sentido, os novos fármacos antiepilépticos modificaron substancialmente o perfil de efectos adversos metabólicos con relación aos de primeira xeración, e mesmo se simplificou a súa administración, tomándose unha vez ao día, co fin de mellorar o cumprimento terapéutico.


ESTUDO ENTRA MÁIS DE 2.000 DOENTES


Neste contexto e durante esta xornada formativa “NEXUS”, o Dr. Vicente Villanueva presentou o estudo Euro-Esli, que incluíu a maior poboación de pacientes tratados con acetato de eslicarbazepina que se investigou e publicado ata a data na práctica clínica (2.058 pacientes de entre 14 e 88 anos de idade con crises parciais, con ou sen xeneralización secundaria) e que foron seguidos durante varios anos. O estudo Euro-Esli foi coordinado polo Dr. Villanueva, quen traballou con equipos de Alemaña, Italia, Suecia, Reino Unido, Francia e Portugal, entre outros países.


“Os estudos en práctica clínica, como o estudo Euro-Esli, son importantes porque proporcionan unha visión significativa de como funciona un fármaco nunha contorna médica habitual, onde os pacientes son máis diversos que os recrutados para os ensaios clínicos e o tratamento adáptase ás necesidades de cada persoa”, afirma o Dr. Villanueva, investigador principal do estudo.


Ao seu xuízo, acetato de eslicarbazepina adáptase aos requisitos máis aló da eficacia en canto ao control das crises, o que contribúe á melloría na calidade de vida dos pacientes. “Detectamos que a porcentaxe de pacientes que ao longo dos anos continuaba co fármaco era moi alto debido a que a relación entre a súa efectividade e efectos adversos é boa. Ademais podemos estar seguros de que este tratamento é efectivo entre a diversidade dos nosos pacientes "reais" con epilepsia”.


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE