Gadis gaña terreo con novas aperturas e franquicias
A empresa galega Gadisa informa que alcanzou os 219 puntos de venda propios. Faio grazas ao segundo supermercado Gadis que estrea este ano. A compañía expándese tamén xeograficamente, pois abre o seu primeiro establecemento na provincia de Zamora, en concreto na localidade de Toro.
A empresa galega Gadisa informa que alcanzou os 219 puntos de venda propios. Faino grazas ao segundo supermercado Gadis que estrea este ano. A compañía expándese tamén xeograficamente, pois abre o seu primeiro establecemento na provincia de Zamora, en concreto na localidade de Toro.
A firma do grupo Tojeiro indica que creou 30 empregos directos nunha localización céntrica da vila, con máis 680 metros cadrados que terán horario de apertura continuo de 9 a 21.30 horas. As seccións de produto fresco, cunha ampla selección de produtos autóctonos e de tempada procedentes das hortas de Castela e León e Galicia, son un dos atractivos da marca e do seu novo establecemento.
Ademais dos citados 219 supermercados propios, a cadea ten 12 Cash Ifa e 173 Claudio franquiados, situados en Galicia e Castela e León. Esta rede de franquicias tamén incorporou dous novos puntos de venda neste 2018, nas provincias de Lugo e León.
Escribe o teu comentario