O Deportivo e a UDC únense no XIX DéporCampus Mauro Silva
Celebrarase en Semana Santa durante os días 26, 27 e 28 de marzo nas instalacións do Inef de Bastiagueiro
Fonte: RC Deportivo
Este mércores tivo lugar a presentación do XIX DéporCampus Mauro Silva, celebrando a incorporación do Deportivo e da súa marca formativa, DéporCampus, a esta actividade que a Universidade da Coruña organiza desde hai dúas décadas, nas instalacións do Inef de Bastiagueiro.
O XIX DéporCampus Mauro Silva irá destinado a nenos e nenas de entre 4 e 12 anos, e celebrarase en Semana Santa durante os días 26, 27 e 28 de marzo na Facultade das Ciencias do Deporte e a Educación Física.
O ex-xogador do Deportivo, Roberto Taibo, aludiu ó "especial" do campus e aos beneficios que derivarán cara a ambas as entidades, que organizarán o evento conxuntamente. Pola súa banda, o secretario do Consello de Administración do Real Club Deportivo, Enrique Calvete, explicou que a colaboración entre o Deportivo e a Universidade permite "reforzar a posición" das dúas forzas que constitúe o acordo.
O director dos DéporCampus, Pablo Barros, destacou que con "este acordo sumámonos a unha actividade punteira" que busca proporcionar a nenos e nenas da Coruña un "servizo e un adestramento de calidade", mentres que o reitor da UDC, Julio Abalde, viu nesta unión "un fito importante".
Escribe o teu comentario