En que se fixan os galegos á hora de ligar?
Doutra banda, só o 48.9% afirma lembrar a súa primeira relación sexual como algo pracenteiro
Os resultados desprendidos do 6º Barómetro CONTROL 2017 'Os Mozos e o sexo', enfocados en Galicia, indican que ata un terzo dos enquisados, preto do 36,1 %, continúa sen usar preservativo como método de protección, crucial á hora de previr enfermidades, a pesar de que o 21.8% descoñece o estado de saúde sexual da súa parella . Un sorprendente dato que acompaña a curiosas conclusións sobre a vida sexual de moitos galegos.
Un 66.2% dos enquisados recoñece que élle indiferente quen dos dous dea o primeiro paso cando se trata de practicar relacións sexuais, aínda que parece non haber consenso naquilo no que os habitantes galegos se fixan á hora de sentirse atraídos por outras persoas. Segundo os datos do estudo de CONTROL, o 32.3% dos enquisados teno claro: o primeiro que lle chama a atención da outra persoa son os ollos.
Séguelle o 30.1% que afirma sentirse atraído polo sorriso, mentres que ata un 12.8% recoñece que lle dá máis importancia ao cu antes que a calquera outra parte do corpo.
Existe moita máis unanimidade no referente a 'amigos con dereito a rozamento'; tanto é así, que ata un 48.9% dos enquisados en Galicia recoñece ter mantido relacións sexuais con amigos. Doutra banda, ata un 23% afirma que foron estes casos os que orientaron os seus primeiros pasos no sexo.
O últimos sorprendente dato que nos deixa a enquisa, é que tan só o 48.9% dos galegos participantes afirma lembrar a súa primeira relación sexual como algo pracenteiro. Un primeiro encontro que, en Galicia, prodúcese a unha idade media de 17.4 anos.
Escribe o teu comentario