​Case 6.000 coruñeses aprazaron en 2017 os impostos municipais

Os tributos locais como o IBI pódense pagar na Coruña ata en seis prazos.


|

Diñeiro billetes contas impostos


Un total de 5.816 veciños da cidade da Coruña acolléronse ao modelo de Plan de Pago Personalizado de tributos locais, unha medida posta en marcha polo goberno local e que supón a posibilidade de realizar o pago fraccionado dos impostos ata en seis prazos a través de domiciliación bancaria.


Segundo informa o Consistorio herculino, o exercicio pasado foi o primeiro no que os veciños non só puideron aboar mediante este sistema o pago do Imposto de Bens Inmobles (IBI) entre os meses de marzo e outubro, senón tamén o Imposto de Vehículos de Tracción Mecánica (IVTM), o Imposto sobre Actividades Económicas (IAE), así como a taxa de lixo e a de vaos.


Para a concelleira de Facenda, Eugenia Vieito, esta modalidade "facilita o pago de tributos aos e ás contribuíntes, que poden axustar o ritmo á súa situación económica particular e aos seus tempos".


Ademais, a responsable municipal destaca "o notable incremento" de persoas que decidiron realizar o pago de tributos deste xeito, "multiplicando por catro o número de solicitantes desde 2015, que era de 1.413 persoas, e por dous o de 2016, de 2.689 persoas", engade.


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE