​Auga gratis para abandonar os refrescos e combater a obesidade

|

Fonte auga


O PSOE rexistrou unha proposición non de lei no Congreso na que insta o Goberno, en colaboración coas comunidades autónomas, a poñer en marcha as medidas necesarias para promover o consumo de auga, fronte ás bebidas azucradas, para combater a obesidade.


A iniciativa contempla o "impulso de campañas de sensibilización sobre os riscos do consumo excesivo de refrescos na infancia e a adolescencia", así como a esixencia de que "xunto a todas as máquinas expendedoras de bebidas azucradas con billa de libre dispensación, poida sumistrarse tamén auga nas mesmas condicións".


Ademais, suxire que se "promova que os establecementos de hostalería e restauración ofrezan aos seus clientes a posibilidade de consumir auga da billa de forma gratuíta e complementaria á oferta do propio establecemento".


O texto rexistrado polo PSOE pide, ademais, que se favoreza o acceso á auga "mediante a implantación de fontes de auga potable nos espazos e edificios públicos, así como nas zonas de lecer, deporte e recreativas, adecuadamente sinalizadas. Tamén "promover que as empresas instaladoras de máquinas expendedoras de alimentos envasados e bebidas en edificios públicos, centros docentes e espazos de lecer infantil, instalen tamén xunto a estas máquinas unha fonte de auga potable de acceso gratuíto".


A OBESIDADE, UN PROBLEMA MUNDIAL


Para os socialistas, "a obesidade converteuse nun problema de saúde pública a nivel mundial", especialmente preocupante entre os nenos e adolescentes. Segundo apuntan na súa proposta, España é o segundo país de Europa con máis persoas obesas, e o 27,8 por cento dos menores no noso país presenta algún problema de sobrepeso.


"Os estudos da Organización Mundial da Saúde (OMS) apuntan ao consumo de bebidas azucradas como un dos factores máis influentes no incremento do sobrepeso e a obesidade. Ademais, o seu consumo en exceso favorece enfermidades crónicas como a diabetes tipo 2, a hipertensión e a enfermidade coronaria", advirte.


O secretario adxunto do grupo parlamentario, Pere Joan Pons, a portavoz de consumo, Begoña Tundidor, e os deputados Javier Antón, Gonzalo Palacín e Miguel Ángel Heredia, rexistraron esta iniciativa xunto ao presidente da Asociación Xeral de Consumidores, ASGECO, desde onde se apunta que "é importante limitar o consumo destas bebidas na infancia e fomentar o consumo da mellor bebida e a máis hidratante para acompañar a todas as comidas: a auga".


relacionada ​O 40% dos casos de cancro pódense previr, pero segue aumentando
relacionada Os problemas de saúde pública dos galegos alimentan o conflito catalán
relacionada O consumo frecuente de froitos secos axuda a evitar o sobrepeso e a obesidade

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.
Cabecerarecomendadosgal 2
Cabeceraultimahora 2
Cabeceralomasleidogal 1


Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress