Morre un operario ao caer ao baleiro o ascensor que reparaba
Precipitouse desde un décimo cuarto piso. O persoal de emerxencias non puido facer nada por salvarlle a vida.
Un operario de 47 anos de idade faleceu na tarde do mércores ao caer desde un décimo cuarto piso a plataforma do ascensor que reparaba na Coruña.
Segundo informou o 112 Galicia, os feitos ocorreron sobre as 19,15 horas, na cidade herculina. Nese momento, un compañeiro do traballador contactou co 112 Galicia para informar do ocorrido e indicou no seu relato que a persoa se atopaba atrapada polos ferros e inconsciente.
Unha vez no edificio, os efectivos sanitarios non puideron facer nada por salvar a vida do operario, que faleceu no lugar do accidente laboral.
O 061, indicaron a Europa Press fontes sanitarias, enviou ao lugar unha ambulancia medicalizada, cuxo persoal sanitario confirmou o falecemento do home, O.M.S.S., de 47 anos.
Escribe o teu comentario