Yemen

​Non todo é Ucraína, tamén hai guerras e conflitos invisibles

Nas guerras a clase traballadora é a carne de canón, é quen sofre a crise económica, e é quen paga os gastos da guerra. Que Putin é de ultradereita xa o sabemos e non é discutible, pero Ucraína é nazi-fascista, Polonia e Hungría tamén son a ultradereita, a mesma ultradereita que crece como a escuma en Francia, España, e practicamente  en toda Europa. Exemplos de demócratas, ou máis ben exemplares, como Boris Johnson, Ursula e Borrell vistan a Zelenski en Kiev. Eles están á fronte desa Europa hipócrita e decadente, que só ve o que lle interesa ver, mentres dá as costas aos 85.000 nenos asasinados na "actual" guerra do Iemen, tan actual como o xenocidio en Palestina, ou a ocupación ilegal do Sahara Occidental. Hipocrisía é abrir a porta e dar facilidades ás refuxiadas ucraínas e aos seus fillos, mentres llas pechamos ás súas parellas ou fillos en idade militar de acordo co Ministerio de defensa de Ucraína. Hipocrisía é acoller ás refuxiadas ucraínas e tratar como lixo aos refuxiados sirios, afgáns ou subsaharianos. A mesma hipocrisía que cando calaron ante o asasinato de xornalistas por parte do exército dos EEUU en Iraq, entre eles José Couso un camara español, foi un asasinato covarde e premeditado para evitar que a prensa informase sobre os masacres, os asasinatos e as torturas que levaron a cabo os EEUU e os seus aliados en Iraq. Moito noxo o nivel de inmundicia hipócrita. Con Ucraína, Polonia, Hungría e proximamente Turquía...

Miserias da política: sen principios nin ideoloxía

Aínda que ambas as dúas partes están a cometer auténticos e terribles crimes de guerra, así como abusos dos dereitos humanos contra a poboación civil, as Nacións Unidas e expertos no terreo aseguran que son os bombardeos levados a cabo pola coalición árabe os responsables da maioría das mortes de civís.

Sánchez ve máis importante o emprego en Navantia que os reparos para vender bombas aos sauditas


A ministra de Defensa, Margarita Carballos, non viu o impacto que podería ter para o conxunto das relacións económicas entre España e Arabia Saudita a decisión de paralizar a entrega de 400 bombas de guiado láser polo temor de que puidesen usarse na guerra de Iemen, recoñeceu este domingo o presidente do Goberno, Pedro Sánchez.


Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE