A escritora vén de presentar en Vigo e O Rosal a súa última novela, 'O viñedo da lúa' (Plaza y Janés). Este mércores é a quenda de Tomiño, na Libraría Ideas, ás 19:30 horas. Antes do evento, a escritora charla con Galiciapress para debullar esta historia que se desenvolve en plena II Guerra Mundial, na Borgoña da Francia ocupada polos nazis, cun tesouro gardado en botellas de viño e unha exiliada da Guerra Civil española como gran protagonista: "O panorama está cheo de heroes anónimos que nos deixaron unhas leccións marabillosas que convén non esquecer".