“Está en mans de PSOE e Podemos”. Así de rotundo manifestouse o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, con motivo das preguntas de Galiciapress sobre a posible irrupción da universidade privada no sistema universitario galego por medio da proposta para a creación en Vigo da 'Universidade Intercontinental da Empresa' de ABANCA, que agora segundo o rexedor galego depende do visto e prace do Ministerio de Universidades, unha carteira en mans de Podemos e do ministro Manuel Castells.
Galiciapress preguntou ao presidente pola nova plataforma que protesta contra a primeira universidade privada galega. “Está en mans de PSOE e Podemos”, responde o mandatario. Así de rotundo manifestouse ante os plans de ABANCA. que agora din depende do visto e prace do Ministerio de Universidades, en mans Manuel Castells, afín a Podemos.