As e os auxiliares de Servizo de Axuda non Fogar (SAF) estiveron demandando atención sobre as súas condicións desde o primeiro momento. A unha semana da morte dunha das profesionais no Porriño, é agora cando concellos e Xunta reaccionan. Os casos de acoso xa figuraban entre as primeiras queixas recollidas entre os e as profesionais pero as empresas e autoridades non pasaban dunha simple reprimenda ás familias e usuarios