O lume da entulleira, que se atopa a unha distancia de menos de 500 metros de casas habitadas, foi controlado horas despois de que se declarase. A compañía que xestiona o recinto di que nin o lume nin o fume afectaron de forma grave “a ningún núcleo de poboación próximo á entulleira, e non provocaron danos persoais nin materiais”; os veciños denuncian que era “insoportable respirar o fume” e que este producía un forte proído en ollos e garganta.