​Plataforma de veciños reclama unha investigación á Fiscalía de Medio polo incendio na entulleira de Miramontes

O lume da entulleira, que se atopa a unha distancia de menos de 500 metros de casas habitadas, foi controlado horas despois de que se declarase. A compañía que xestiona o recinto di que nin o lume nin o fume afectaron de forma grave “a ningún núcleo de poboación próximo á entulleira, e non provocaron danos persoais nin materiais”; os veciños denuncian que era “insoportable respirar o fume” e que este producía un forte proído en ollos e garganta.


|

O lume da entulleira, que se atopa a unha distancia de menos de 500 metros de casas habitadas, foi controlado horas despois de que se declarase.


A compañía que xestiona o recinto di que nin o lume nin o fume afectaron de forma grave “a ningún núcleo de poboación próximo á entulleira, e non provocaron danos persoais nin materiais”; os veciños denuncian que era “insoportable respirar o fume” e que este producía un forte proído en ollos e garganta.


Incendio miramontes

Incendio no vertedoiro de Miramontes-Grixar | Foto: plataforma de afectados polo vertedoiro


O incendio orixinado onte na entulleira de Miramontes e que calcinou 2.000 metros cadrados de superficie do vertedoiro ten moi preocupados aos veciños da zona. A Plataforma de afectados polo vertedoiro de Santiago de Compostela – Miramontes denuncia que este episodio volveu a poñer de manifesto “o risco para a saúde, o silencio administrativo dos organismos competentes que velan polo medio Ambiente e o desamparo que, como veciños, sentimos á beira do vertedoiro de  Grixoa-Miramontes”. “Pedimos á Fiscalía de Medio Ambiente que entre de oficio na Investigación deste cuarto incendio, porque chove sobre mollado”, denuncian os afectados.


O incendio, declarado na madrugada do luns na entulleira -“mal chamado ‘Complexo Ambiental Miramontes’ porque reciclar non se recicla nada”- aínda está pendente dos informes das autoridades, pero segundo advirten desde a plataforma moitos veciños recoñeceron que era “insoportable respirar o fume” e que este producía un forte proído en ollos e garganta. As fotografías e vídeos, como o publicado por ADEGA, proban a cantidade de fume que xerou o incendio. 



Como de costume, a Plataforma terá que volver instar á Consellería de  Medio (encargada de velar polo cumprimento da Autorización Ambiental Integrada desta instalación), para que faga as investigacións oportunas e tome as medidas necesarias, de modo que este tipo incidentes non se volvan a repetir”, reprocha a plataforma, que confía en que os informe sexan “esclarecedores”. A continuación, desde a plataforma fan fincapé nas dúas querelas que a día de hoxe atópanse nos xulgados contra as empresas xestoras Sertego  Servizos Ambientais SLTecnosolos Galaicos SL.


PREOCUPACIÓN POLA IMPERMEABILIDAD

Una das preocupacións nestes momentos é a impermeabilidad do vaso da entulleira. Tal e como recolle a denuncia da Fiscalía, “a cantidade de materia orgánica que está depositada no vaso é moi superior ao 10% permitido e recolleito no proxecto construtivo do vertedoiro”. “Este límite máximo do 10% de entrada de materia orgánica é unha cota de seguridade sobre a que se asintan os cálculos para o deseño do sistema de  desgasificación deste vertedoiro”, subliñan, á vez que detallan que existen estudos técnicos onde proban que un sistema de desgasificación insuficiente para a evacuación de gases “propicia a formación de bolsas de gas que poden derivar en incendios ou explosións”.


VERISÓN DA EMPRESA

Con todo, desde a empresa UTE Eyrega sinalan que “nin o lume nin o fume afectaron, considerablemente, a ningún núcleo de poboación próximo á entulleira, e non provocaron danos persoais nin materiais” xa que se produciu nunha zona de “ausencia de material inorgánico” e pon en valor a rápida actuación dos efectivos de extinción que, segundo a nota da compañía, apenas tardaron tres horas en ter o incendio controlado.


Unha vez que os bombeiros composteláns deron por controlada a situación, o persoal da entulleira encargouse da supervisión e extinción definitiva do lume con “labores de aplicación de terra e áridos de canteira para compactar a zona afectada polo lume a través do illamento de osíxeno e aire para evitar así a continuidade da combustión”. Do mesmo xeito, advirten que na entulleira “suspendeuse de forma cautelar e temporal a actividade, así como a afectación dunha parte de selaxe con lámina que resultou deteriorada pola alta temperatura provocada polo lume”.


“Seguindo o estrito protocolo da entulleira de Miramontes, manterase un sistema de control e vixilancia de varios días para evitar que poida reavivarse no interior da provisión de restos, por tanto ata pasado este período de seguridade o incendio desta mañá non se considerará formalmente extinguido”, sinala a nota. Por isto, a plataforma cidadá reclama informes previos a estas actuacións para sufocar o lume.


Na mesma liña, desde a empresa recalcan que non existen riscos derivados do incendio polos materiais que puidesen calcinarse e que a dirección do vento favoreceu que o fume se proxectase na dirección contraria aos núcleos de poboación. “UTE Eyrega lembra que na entulleira non se xestionan residuos orgánicos, senón que se tratan unicamente os residuos inorgánicos industriais non perigosos procedentes da reciclaxe destes residuos”, explica a empresa, mentres que a plataforma lamenta que sexa “máis cómodo enterrar o lixo que reciclala”. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE